lunes, 10 de noviembre de 2014

Reflexión individual do Módulo 2 de Souto André


Reflexión individual do Módulo 2.
Souto André


A Orientación Laboral é algo que ao longo do tempo foi cambiando considerablemente, é dicir foise adaptando aos tempos. Entendémola como un proceso de axuda e de acompañamento ao longo da vida (laboral) no desenvolvemento das competencias persoais, sociais e claro está laborais na que constantemente promóvense cambios. Por iso, temos que ser quen de situar as persoas en situacións favorables para o emprego a favorecer o desenvolvemento competencial, e non esquezernos de preparar as persoas para as situacións de ser quen de manter os seus empregos ou de preparalos se for ao caso para as situacións de desemprego ou mesmamente para os cambios de profesións, e entre outras cousas, por exemplo, na toma de decisións.

Por outra banda é interesante saber as diferentes categorías que actúan nesta intervención; 
  • Ter claro o Obxectivo profesional, é dicir, que coñezan o mercado laboral, que saiban definir os seus obxectivos, a súa dispoñinilidade xeográfica. 
  • Que teñan claro o seu nivel de Profesionalidade de cara a realización do seu cv profesional, das súas competencias, do seu nivel de empregabilidae 
  • E imprescindicble a súa Motivación, a confianza propia, ter claro as expectativas e un nivel considerable de autoestima, ou o que o mesmo un bo estado de animo 
  • Son moi importantes os Recursos persoais, é dicir, a toma de decisións, habilidades sociais e de comunicación competencias persoais e de planificación, 
  • E por último, é básico, as ferramentas utilizadas, as técnicas de procura de emprego, as vías de acceso para a Procura Activa de Emprego 
Por outra banda, a cultura coa que nos atopamos, constrúe os conceptos de xénero diferente. Por iso o persoal técnico de Intermediación laboral é necesario que nas nosas intervencións gocemos da perspectiva de xénero e cos asesoramentos das demandas sexan dende a igualdade para adaptalos ás ofertas. 


Por iso temos que ser quen de sensibilizar sobre a situación de desigualdade no ámbito empresarial non só das mulleres senon tamén das persoas con discapacidade, para ofrecer alternativas de información e autoaprendizaxe e mellorar así a práctica profesional nos procesos de asesoramento e definir as demandas de emprego das persoas. E por conseguinte, ser capaces de introducir o "maistreaning" na intermediación laboral e o empoderamento tanto das persoas.


Calquer iniciativa de intervención, debería ir precedida dun análisis da realidade necesitada de cambio. Xa que non todas son aplicables ou transferibles dunhas situacións a outras, e menos dunhas persoas a outras xa que, moitas veces necesitan ser adaptadas, por iso é necesario: 

  • Mellorar espazos dende as necesidades das persoas con discapacidade 
  • Búsca activa profesional en sectores ocupados tradicionalmente por homes 
  • Facer visíbel o traballo realizado 
  • Diversificación profesional na elección do emprego 
  • Formación e cualificación en profesións concebidas tradicionalmente como de homes 
  • Formación y profesionalización en profesións tradicionalmente consideradas de baixa ou escasa cualificación 
  • Autoestima profesional 
  • Acceso a postos de responsabilidade 
É destacábel mencionar que, do mesmo xeito que acontece con outros colectivos desfavorecidos, a exclusión das mulleres, resulta non soamentes pola omisión do que sucede, é dicir, falta de conciencia ou baixa concienciación respecto aos problemas por exemplo, senon tamén pola acción da sociedade respecto da situación que viven, debido á falta de intervención e/ou actuacións insuficientes. Mais ésta exclusión tamén se ve remarcada poas actitudes das propias mulleres respecto á sociedade, ou o que é o mesmo, acaban sendo elas mismas as que se autoexclúen, xa que asumen valores e situacións denominadas "machistas" que contribúen a súa discriminación. 

Por iso e fundamental saber que, a percepción humana das realidades determínaas xustamente a linguaxe. O cerebro constrúe tantas imaxes como as que pode describir a lingua, ou as linguas, que coñecemos e que fabulamos, co cal, se posuímos un vocabulario amplo percibiremos unha perspectiva máis dilatada, diversa e plural da realidade, que se posuímos un vocabulario empobrecido e escaso, xa que reducirá de xeito significativo a percepción do contorno. É dicir, que a linguaxe é un dos factores que afecta á construción do pensamento e permítenos describir e percibir a realidade, de tal xeito que, se algún elemento da realidade carece de nome desaparece de nosa mirada que observa e deixaría de existir. 

Podemos comprender e concretar sinxelamente entón, a importancia de deixar de utilizar na nosa comunicación unha linguaxe sexista, xa que, o seu uso, segue a apoiar ás agachadas a naturalización da desigualdade entre mulleres e homes. Onde os acontecementos sociais, as relacións humanas e a cultura, paralizarase e, seguiremos obstruíndo o noso pensamento.

Por iso, é imprescindíbel suprimir os límites opresores do noso pensamento para coa linguaxe e abrir novos espazos de reflexión. Agora ben, provocar estes cambios non depende soamente da vontade, senón que, precisamos dispoñer das ferramentas para que dende calquer ámbito de actuación, poidamos axustarnos ás normas e convencións que nos permitan transmitir mensaxes comprensíbels, e aplicar elementos que favorezan o seu uso integrador, plural, diverso e, especialmente non sesgado por razóns de sexo ou de xénero e que trate a información dende parámetros e medidas non discriminatorias.

É evidente, que ao longo destes últimos anos a perspectiva de xénero tornouse nun óvulo a hora de abordar os problemas de desenvolvemento, pobreza e desigualdade de oportunidades entre mulleres e homes, o cal, consideramos imprescindíbel para estender as fronteiras do noso pensamento na linguaxe. 

Co cal, para rematar cós estereotipos de xénero, é preciso erradicar o sexismo da linguaxe, ou, dito doutro xeito, é imprescindíbel cá lingua perciba a realidade actual, que está marcada pola saída das mulleres ao espazo público, aos espazos de toma de decisións, pola conquista de todos os dereitos humanos e da cidadanía que nos veñen dados por lei. Mesmamente, é imprescindíbel e vital que a lingua facilite a “normalización” dos varóns no ámbito doméstico, nos coidados, e nas súas emocións e afectos, a fin de facilitar unha transición cara unha sociedade máis plural, máis xusta e máis equilibrada.

Para facer un uso non sexista da linguaxe non hai fórmulas específicas, senón que, aos poucos, ímonos dar conta a través de claves, guías e protocolos, onde están os sesgos do noso pensamento e de como se volcan a través da linguaxe. Debido a estreita relación que existe entre linguaxe e pensamento, imos ir modificando a nosa linguaxe na medida en que sexamos conscientes e capaces de discernir có usamos incorrectamente, e cando fagamos o esforzo de realizar as modificacións pertinentes no xeito de expresarnos. Folga dicir, que deberíamos polo tanto, evitar perpetuar ata a saciedade os estereotipos lingüísticos. 

Xa para rematar, é imprescindíbel que teñamos ben presente que a lingua ou as linguas, non son discriminatorias, senón que, o que discrimina é o uso que facemos delas, e que é posíbel redactar textos respetuosos e democráticos se partimos da perspectiva de que queremos facelo e contamos cós recursos axeitados. 

Se dende calquer ámbito abrimos novos espazos de reflexión o redor do sexismo que existe na linguaxe e na comunicación humana, e potenciamos a utilización dunha linguaxe non sexista, tratando a información dende parámetros non discriminatorios nin invisibilizadores para as mulleres, erradicaremos os límites da linguaxe e ampliaremos os límites do noso pensamento. Xa que, se a linguaxe non nomea ás mulleres, claro está que non existen.

O que está claro e que temos que comprender non soamentes a importancia da nosa identidade de xenero, senon tamén da nosa identidade dixital profesional, polo que debemos empregar o máis a cotíoq ue poidamos utilizar todas as ferrmentas que están a nosa disposición hoxe en día emais non soamente iso senón tamén saber poñelos a disposición das persoas usuarias coas que traballamos.

O que tamén debemos ter en conta é que non todas as persoas están en disposición de poder poner en práctica e utilizar estas ferrmentas por iso debemos ser quen de adaptarnos como persoal orientador e deberemos coñecer e estar ao día na significatividade das competencias sociais, e emocionais tan en boga últimamente. E temos que ser quen de saber traballar as competencias emocionais coas persoas usuarias, Estas competencias emocionais pódense dividir en 5 habilididades, como por exemplo; Autoconciencia, Autorregulación, Motivación, Empatía e as Destrezas Sociais. 

E polo que se refire a competencia social é a capacidade para mantener boas relacións con outras persoas. O que implica dominar as habilidades sociais básicas, capacidad para la comunicación efectiva, respeto, actitudes prosociales, asertividad, etc. 

Por iso e xa para rematar ésta reflexión está claro que a Net é unha fonte inmensa de información, de sobre carga de información máis ben. Por iso e imprescidíbel saber deseñar estratexias para a busca da información que sexa o máis axeitada as nosas necesidades. Por iso é fundamental empregar ferramentas para conseguilo.


Esas ferrmentas é o que coñecemos como, curación de contidos, a cal permítenos "desinfoxicarnos" dese exceso de información dun xeito sistemático e sinxelo. Para evitar, deste xeito, a saturación do exceso de información que circula na Net, e que non ten porque ser verídica e/ou gozar de calidade.

A Curación de Contidos polo tanto, consiste en buscar, atopar e seleccionar os contidos e informacións que nos interesan. É dicir, filtrar os contidos da red para facilitarnos a búsca, e claro está, aforrar iempo, para despois poder distribuirlos ou compartirlos. Para curar contenidos e filtrar información é preciso ter un obxectivo claro e ben definido. Existen ferramentas distintas de presentar os resultados da curación de contidos, como por exemplo; Feedly, Scoopit,…

Deste xeito chegamos aoque sería a nosa Contorna Persoal de Aprendizaxe o Personal Learning Envirement (PLE), en inglés, podemos consideralo como un “sistema” para ser quen de xestionar “ao noso xeito” o noso propio proceso de aprendizaxe. É dicir, é un xeito de buscar os nosos propios obxectivos e intereses de aprendizaxe para facelo más doado, máis sinxelo ou máis persoal. Ao mesmo tempo, crea novos ámbitos e intercambios de comunicación.




O PLE podemos fundamentalo nas fontes de información que consultamos diariamente e como elas poden chegar a modificar as nosas propias reflexións, creenzas e/ou ideoloxías. Inclúe polo tanto dende a formación regrada, ata a non regrada e informal. O que está claro, é que, a Net hoxe en día é unha parte fundamental de todos e cada un

No hay comentarios:

Publicar un comentario