viernes, 10 de octubre de 2014

Reflexión Individual do Bloque 1. Souto André

Reflexión Individual do Bloque 1

Souto André

Facendo agora una pequena reflexión dos puntos que para mi foron ou consideirei máis importantes en cada tema dos tratados neste primeiro bloque, é preciso facer un pequeno percorrido polos mesmos ; Marco de referencia na orientación laboral, O mercado laboral, Certificación e formación profesional, Política social e de emprego na Unión Europea e por último a Iniciativa emprendedora como forma de acceso ao mercado laboral.

Tentamos diferenciar as competencias do Sistema Nacional de Emprego, de xeito que de entre o alumnado que traballamos como personal orientador fóramos capaces de realizar algunha das accións ou medidas axeitadas as súas necesidades.

Polo que se refire ao Tema do Mercado Laboral, foi interesante observar as novas tendencias do mercado laboral de cara a adaptación dos perfís profesionais de cara ás novas demandas impregnadas polas TIC. Acontence que, debemos ser quen de ver que non soamentes existe un perfil profesional e que non todas as persoas que demandan traballo están ao día neste campo que sinten como algo extraño, complexo e totalmente descoñecido. Polo que temos que ser quen de saber xestionar e aprender correctamente esas novas tendencias.

Sen embargo, no Tema relacionado coas Certificacións profesionais e as Competencias Clave tan en boga actualmente, a nivel persoal é un tema que sabendo a importancia que ten ou tal vez a necesidade imperante de moita xente que quedou fora da formación reglada, non é que coñeza o suficiente é no que me gustaría traballar máis.

Pola contra os dous últimos Temas que se centraban nas Políticas Europeas relacionadas coa empregabilidade e movilidade europea considero un tema para un colectivo específico.

Temas ampliamente traballados anteriormente e, ao memso tempo descoñecidos xa que aínda que as poñencias foron todas fantásticas. Facíaseme complexo manter a atención ás mesmas xa que oa mesmo tempo tíñamos que atender ás TIC. O que fixo que pola miña parte o desbordamento fora abrumador de toda a información e a falta de tempo adicado. Sentínme Infoxificada.

Infoxificada e encantada por todas e cada una das novas responsabilidades de aprendizaxe que se nos plantexan dende éste Posgrao de Especialización en Orientación Laboral. E buscando e organizando a axenda para poder sacarlle o máximo partido. Pero sen dúbida os que para min foron os máis interesantes foron; O mercado laboral e as Certificacións e a Formación Profesional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario